Primeiro Latexo – Acollida

Estimad@s compañeir@s… Para botar a andar este blog, farei unha breve presentación sobre o mesmo. A miña meta é xerar un espacio onde poder “pensar en alto” e ter unha esquiniña propia de reflexión e opinión para poder escribir sobre “certos” temas da actualidade turística  así como entrevistar ou falar de xente que considero relevantes no eido turístico sen pedir permiso a ninguén, a excepción da cabeza, pois como ben di o refrán, “non se pode falar sen permiso da cabeza”. O que pretendo con Latexos de Turismo (tanto neste blog como nas redes asociadas) non é mais ca deixar ver o meu punto de vista respecto da actualidade turística. Adicarei tamén unha parte importante a eventos do mundo do turismo.

Coa apertura deste espacio, agradecidos quedarán os meus compañeiros, pois estarán fartos de escoitarme falar sobre estas “opinións e reflexions” que viña facendo en alto, pois todos sabemos que o que está a acontecer no sector turístico podemos describilo de moitos xeitos, e ter diversas opinións, máis de seguro non nos deixa indiferentes a ninguén…

Sen máis, invitarvos a participar a todos e a todas neste espacio de opinión e intercambio de opinións do sector do turismo.

Scroll al inicio
Abrir chat
1
Latexos de Turismo
Hola
¿En qué podemos ayudarte?
Ir al contenido