Latexos de turismo - Ir a Inicio

Brion… unha historia que contar: Bastavales con Rosalía de Castro

O sábado 25 de febreiro pola tarde falaremos da historia de Brión, de Bastavales, e da paixón coa que Rosalía escribiu o poema «Campanas de Bastabales» hoxe convertido en himno. Será ela a que a través da súa voz conte, e outras persoas canten (Fátima Pego, as veciñas e os veciños reciten o poema..) ao abeiro do son das campás, hoxe, patrimonio inmaterial da humanidade.

Rosalía estará acompañada de polo etnógrafo e historiador, Clodio González Pérez, autor do libro: “Brión, historia, economía, cultura e arte” que compartirá os seus saberes coas persoas asistentes. Armando Patiño da Biblioteca Municipal de Brión sumará historias locais. E o experto e profesional presentador de radio, José Manuel García, será o encargado de enlazar e integrar cada unha das partes do evento. E algunha outra persoa máis que iremos sumando nestes días…

Estades convidadas e convidados a descubrir a historia de Bastavales con Rosalía de Castro…

+ info e inscricións: 617 42 12 76 (WhatsApp) – hola@latexosdeturismo.com

 

Scroll al inicio
Ir al contenido