Latexos de turismo - Ir a Inicio

B&P, Books & Party; Comunidade Universitaria de Galicia.

books_&_partyEsta semana toca falar de B&P. Que é isto?

Hai uns meses xurdía unha nova colaboración para este blog, Latexos de Turismo. Trátase da web / proxecto Books & Party, do que forma parte Javier Ramón Ramón; emprendedor coñecido en Galicia dende hai pouco máis dun ano, polo seu traballo de Viajeros Low Cost que xa conta con varios premios.

A experiencia dun grupo de titulados universitarios que pola súa experiencia son coñecedores da demanda da comunidade Universitaria,  e que posúen á súa vez, un xerme emprendedor, fai xurdir a plataforma B&P, Books & Party.

B&P, Books & Party, é unha plataforma da comunidade Universitaria de Galicia; de momento…  porque segundo nos contan os responsables, pretenden expandirse fóra da nosa terra!! De seguro que pronto o veremos… Que se pode atopar nesta plataforma? Noticias, festas, información académica, actualidade, concursos, viaxes, emprego… todo o que pode ser interese para os preuniversitarios, universitarios e post universitarios, que formaran a Comunidade Books&Party.

A web conta con varios apartados. Por unha banda, unha intranet na que un se pode rexistrar para poder valorar contidos e facer comentarios entre outras cousas. Pola outra banda, a web contén varios apartados aos que se pode acceder sen rexistrar: a parte inicial na que se atopan as últimas noticias, festas e eventos, apuntes e consellos académicos; un apartado de viaxes, outro de Erasmus, outro de becas e un Magazine. O Magazine ten varias categorías: actualidade, deportes, educación, emprendemento, ocio e turismo. Nesta última categoría de turismo, é onde se irán publicando contidos de Latexos de Turismo.

E que fai Latexos de Turismo escribindo en Books&Party? Intentar falar de temas de turismo que podan ser de interese para esta Comunidade Universitaria de Galicia. Ata o de agora foron temas de estudos, pero os próximos post serán de cara ao verán e ás vacacións. Falarase de temas de turismo activo, enoturismo e outras actividades para gozar deste tempo primaveral e do verán.

Xa sabes! Se eres preuniversitario, universitario ou post universitario, non perdas a ocasión de estar en rede con outras persoas coma ti; cos mesmos intereses e inquedanzas.

Que non cho conten, descubre por ti mesmo B&P!!!

Scroll al inicio
Ir al contenido