Historia e historias compartidas nas beiras do Ulla en Teo…

Resumen

O sábado 2 de marzo a partir das 17.30 h no Auditorio Constante Liste, tivo lugar o primeiro faladoiro do ano, organizado pola área de Turismo do Concello de Teo, baixo a temática dos Xenerais do Ulla e outras tradicións ligadas ás terras do Ulla. O propósito foi poñer en valor o patrimonio cultural e natural e a sabedoría da xente deste territorio ao mesmo tempo que se fixo unha homenaxe ás persoas que foron, ou son, ao longo dos anos ,un referente na organización deste Entroido dos Xenerais da Ulla.

tertulia teo

O evento cultural empezou coa acollida por parte da Concelleira de Turismo Margarita Rosende, que fixo un repaso pola historia e o contexto da celebración do Entroido dos Xenerais da Ulla. 

Baixo o título “Historia e historias compartidas” este evento cultural constou de dúas partes diferenciadas: na primeira, a relatora Ana Filgueiras Rei falaou dende un punto de vista antropolóxico e de patrimonio inmaterial, como experta nesa materia; Pablo Sanmartín compartiu o seu saber como historiador e responsable do arquivo municipal do Concello de Teo.

Nunha segunda parte  os representantes das parroquias vinculadas aos Xenerais da Ulla (Oza, Lucí, Cacheiras, Reis e Raís), compartiron “historias” xunto con Jesús Cebeiro, Presidente da Asociación dos Xenerais da Ulla do concello veciño de Santiago de Compostela. O mestre de cerimonias e presentador foi o profesional de radio, José Manuel García. Finalmente a música da artista Teense de Oza, Edita Cobas, e  a de varios membros do grupo de A Requinta de Lampai, dinamizaron musicalmente a velada ao son desde instrumento tan noso.

Un “recuncho histórico” mostrou as pezas de traxes de máis de 70 anos, coplas e cantares das diferentes parroquias de hai máis de 50 anos, fotografías… e outros elementos grazas ao gran esforzo e traballo de recompilación que os membros das diferentes parroquias fixeron nas últimas semanas.

Cumprido o propósito de contar historia e  historias compartidas nas terras do Ulla en Teo! GRAZAS!

Cartel Version web
Scroll al inicio
Abrir chat
1
Latexos de Turismo
Hola
¿En qué podemos ayudarte?
Ir al contenido