Hoxe quero compartir aquí neste espazo o vídeo coas conclusións e peche do Foro de Turismo da Coruña: #ForoTurismoCovid19. Unha das iniciativas máis produtivas que vin durante este tempo de confinamento e transición cara unha nova era para o turismo… que xa todos e todas temos ben claro.
O turismo sostible debe ser unha realidade, non un slogan, nin unha moda. Pero a maiores, débense cumprir e seguir unha serie de pautas, retos, desafíos… Seremos capaces dunha vez por todas?
- Importancia, posta en valor da profesionalización
- Dignificación dos profesionais do turismo
- Planificación transversal imprescindible
- Nova gobernanza
- Cooperación e colaboración entre todos os axentes
- Ser prescriptores, pasar á acción
- Comunicación de destinos seguros (de verdade)
- Investigación, importancia da Universidade
- FITUR ??? Para que se vai??
«A medicina son os médicos, o turismo son os profesionais»– Carlos Rodríguez – UDC
Déixovos enlace para que vexades por vós mesmos! E logo, xa me contaredes…!
Ata o próximo latexo!