
TERTULIA – INSPIRACIÓN – CREATIVIDADE
Tertulia clandestina con café na Tasca Típica de Noia, local do que foi propietario Antón Avilés e onde organizaba tertulias…
Falaremos sobre a súa persoa e o seu legado: quen foi, cal foi a súa obra, como foi a súa vida… que podemos aprender del/con el…
Tempo para compartir, descubrir, e conectar con Antón Avilés de Taramancos!
En colaboración co actual propietario da Tasca Típica e co apoio do Concello de Noia.
PREZO: 8,00€ por persoa. Inclúe café.
Prazas reservadas de acceso gratuíto para as persoas membros da Comunidade de Latexos de Turismo #LatexosComunidad.
Quen forma parte da nosa comunidade?
Persoas inscritas nas listaxes de difusión, soci@s APATRIGAL, soci@s Valeira de Pontecesures, Xuntanza de Empresarios de Ames – XEA. Persoas colaboradoras e vencelladas aos facilitadores das actividades.
Se estás interesada/o en asistir e aínda non formas parte da comunidade, ÚNETE!
Cómo podes facelo?
- Inscríbete na listaxe de difusión solicitando «ALTA» no 617 42 12 76
- Cubre o formulario para recibir un boletín, dende a páxina de inicio desta web.
Imprescindible confirmación da inscrición para asistir. Soamente 15 prazas, 5 reservadas para a comunidade de acceso gratuíto.
Para máis información: hola@latexosdeturismo.com / 617 42 12 76.
