San Martiño de Mondoñedo, tesouro mariñán para o SER

Resumen

San Martiño de Mondoñedo, un lugar de milagres e conexión espiritual coa natureza

San-Martiño-de-Mondoñedo-en-Foz

No lugar do Caritel, emprázase un dos maiores tesouros da arte eclesiástica de Galicia: a Basílica de San Martiño de Mondoñedo, a catedral máis antiga do Estado.

Pero non nos confundamos: aínda que se chama así, este monumento está no concello de Foz, a menos de 10 minutos do casco urbano en coche. O propio nome xa nos dá moita información, posto que esta basílica foi sé episcopal entre os séculos IX e XII, até que, definitivamente, esta foi trasladada a Vilamaior de Val de Brea, a actual Mondoñedo. Chegou a acoller dous bispados, o de Dumio e o de Bretoña.

A edificación actual, enriba dun vello mosteiro, data basicamente do século XI con adicións de contrafortes do século XVIII. Está conformada por unha planta de tres naves separada por arcos de medio punto e cabeceira con tres absides e conta con numerosas esculturas con pasaxes bíblicas, así como pinturas, nalgúns casos, do século XII. Sorprende o seu estado de conservación, que ten a ver co feito de non ter sido abandonado nunca, despois de ser sé episcopal. Foi refuxio de agostiños, cóengos, lugar de peregrinación do Camiño do Mar, e iso favoreceu que non desaparecese. Figuras históricas como San Rosendo, pero tamén entre a historia e a lenda, como San Gonzalo, deixaron a súa pegada nesta construción.

Pero, tamén, e isto é o importante, San Martiño de Mondoñedo é un lugar de milagres e conexión espiritual coa natureza. Á beira da basílica, e diante do Espazo Caritel, está a Fonte da Zapata, que ten o seu nome pola milagre atribuída a San Gonzalo, que tirou o seu zapato e fixo agromar auga.

Fe relixiosa, maxia, trascendencia… Todos estes elementos únense nun lugar digno de visitar na Mariña e que, dende o ano 2018, conta cun Centro de Interpretación moi interesante de visita pública onde, ademais de explicacións sobre o edificio, hai documentación histórica e reproducións do báculo e o anel de San Gonzalo.

Pero, sobre todo, San Martiño ten unha vantaxe: é un lugar onde podes pasear con calma, tomando o teu tempo e conectando. En definitiva, un destino para o SER.

Fonte da imaxe (Turismo.gal): IGLESIA BASÍLICA DE SAN MARTIÑO EN FOZ LUGO – GALICIA

Deja un comentario

Scroll al inicio
Abrir chat
1
Latexos de Turismo
Hola
¿En qué podemos ayudarte?
Ir al contenido