Rosalía de Castro nos latexos do meu sentir

Nestes días de celebración do nacemento de Rosalía de Castro, Día de Rosalía, pareceume un momento excelente para dar voz a un profundo sentir… latexo do meu corazón.

Na miña infancia unha vez á semana ou máis pasaba por diante dos paneis da Ruta Rosaliana en Bastavales, Brión. Todos os anos, polo mes de febreiro… na escola se organizaba algunha actividade na honra de Rosalía de Castro. E como non, tamén estiven na súa Casa Museo nunha xornada de excursión escolar…

Vivir en Bastavales é ter presente a figura de Rosalía de Castro de xeito case permanente… escoitar as campás da Igrexa, maxestosa e imperante sobre o Val da Mahía, é pensar neste cantar…

“Campanas de Bastavales, cando vos oito tocar… mórrome de soidades”

Identificada con estas verbas, unha profunda nostalxia me inunda especialmente nesta época do ano…

Hai uns anos, tres xa! Vivín un dos momentos máis fermosos da miña vida… un soño feito realidade de maneira fugaz ao longo de cinco minutos… O Alcalde de Brión presentou a renovada Ruta Rosaliana (As Pegadas de Rosalía): un novo produto turístico o cal o Universo me permitiu formar parte da súa creación; nun santuario turístico como é o stand de Turismo de Galicia en Fitur.  GRAZAS 💚

A maiores, o máis sagrado como muller e agasallo universal: un novo ser que me escollera como nai, latexaba dentro de min… GRAZAS ❤️ . Inda hoxe podo sentir ese compendio de emocións que embargaron aquel momento identificado co nacemento, coa creación… gravados no meu arquivo de consciencia máis aló deste mundo material…  que me acompañarán no infinito do meu ser…

No ano seguinte por estas mesmas datas unha friaxe profunda acaparou o meu sentir e quebrou o meu corazón… Tocou despedir a alguén moi importante para o meu ser. A pé desta Igrexa repousan os seus restos de materia… Son días para recordar a esta persoa, símbolo de nai para min nesta terra… GRAZAS 💜

Finais de febreiro… esperta en min un sentir de dualidade con emocións vencelladas ao morrer e o nacer. Finais de febreiro… nostalxia… abrazando case o mes de marzo… esperanza.  Arrecendo a primavera: explosión da natureza…

A VIDA mesma…  achegando as dúas partes dunha unidade para poder aceptar, entender e comprender… o xogo desta dimensión que eliximos experimentar, e vivir. 

#FelizDíadeRosalía 

Scroll al inicio
Abrir chat
1
Latexos de Turismo
Hola
¿En qué podemos ayudarte?
Ir al contenido