Historia e historias compartidas: a maxia do Camiño de Santiago

Tertulias Concello de Teo

Historia e historias compartidas nas beiras do Ulla en Teo

Dende Latexos de Turismo creamos e deseñamos esta tertulia, para o Concello de Teo. Este evento cultural contou coa especial colaboración do cantautor galego Manoele De Felisa

O obxectivo principal foi reflexionar  sobre cal é o poder transformador que ten o Camiño de Santiago, esa  esencia, maxia… que atrapa e que fai repetir a quen o fai por vez primeira.

A apertura foi a cargo da Alcaldesa, e de seguido, dun  dos impulsores do Camiño de Santiago,  Víctor Manuel Vázquez Portomeñe.

A continuación, escoitouse a un “socorrista de peregrinos…” como el se define, o franciscano Frei Paco Miramontes que na actualidade acolle aos peregrinos na porta de entrada a Galicia do Camiño Francés, en O Cebreiro.

Falaron sobre esa “maxia” que ten o Camiño de Santiago… o experto e investigador do camiño, Xosé Santos da Universidade de Santiago, e a antropóloga Ana Filgueiras Rei, que tamén foi hospitaleira. 

Testemuños das persoas presentes que fixeron varias veces o Camiño de santiago, completaron a tertulia  

A Asociación Codeseda Viva, sumouse a este encontro explicando algo máis sobre o camiño da Geria e dos Arrieiros… outros dos itinerarios que pasa polo Concello.

Para pechar este encontro, o poeta e mariñeiro Alexandre Nerium, agasallounos dende Finisterrae galego co seu escrito máis íntimo de Ara do Mar,  integrado no libro Cancioneiro do Camiño do cantautor Manoele De Felisa: responsable de facer latexar os corazóns das persoas presentes, co poder máxico da súa voz “cantando os camiños a Santiago” . 

 

Galería de imágenes

Scroll al inicio
Abrir chat
1
Latexos de Turismo
Hola
¿En qué podemos ayudarte?
Ir al contenido