Brión unha historia que contar: as mámoas de Rañalonga
Tertulias Concello de Brión
O campo de mámoas de Rañalonga
Dende Latexos de Turismo creamos e deseñamos esta tertulia, para o Concello de Brión. Este evento cultural contou coa especial colaboración do cantautor galego Manoele De Felisa.
Nunha primeira parte levouse cabo unha tertulia na Casa de Cultura onde participaron Luciano Pena e Minia Del Río para falar do libro de Federico Silva, xermolo desta actividade cultural. Álex Negreira contou sobre asua longa experiencia como apaixoado das mámoas facendo visitas ás mesmas polo resto do mungo; e Fernando Cabeza Quiles falou da toponimia de Brión.
Nunha segunda parte o grupo desprazouse ao campo de mámoas de Rañalonga onde Mariña Pérez Rei fixo unha lectura de textos inéditos da súa autoría e Marga Chao unha dinámica de baños de bosque.