Latexos de turismo - Ir a Inicio

In Memoriam Camilo José Cela: tertulias clandestinas en Padrón

El individuo no es un plano, sino un poliedro… aunque con un denominador común… 

Esta é unha das frases Celianas máis célebres… E que razón tiña! Ao longo da nosa vida SOMOS diferentes persoas, personaxes… desenvolvemos roles, temos varias caras… Pero hai “un algo” (como dicía Emilia Pardo Bazán) que perdura no noso interior, dentro, que é o que nos conecta e nos define como SER humano que somos. 

No caso de Camilo José Cela “ese algo” que o habitou ao longo da vida e o definiu como SER humano estivo definido por: o lugar onde naceu e permeneceu durante os primeiros anos de vida, Iria Flavia en Padrón; e súa nai: o seu norte e referente… persoa que moldeou a súa sensibilidade e corazón. 

Todo isto que vos conto o deixou escrito nas súas memorias de maneira moi consciente no libro de La Rosa. O cal vos recomendo ler, se inda non o fixestes, para achegarvos un chisco ao Cela sen máscaras… Aquí fala do Camilo que quere transmitir ao lector… creando a imaxe que quere crear e deixar como legado. Achegámosnos a un Camilo neno doce, sensible, amante dos animais e da natureza, e agradecido de nacer no lugar que naceu: Iria. 

Describiu os sitios nos que estivo de neno de tal maneira que inda hoxe pasear pola aldea de Pedreda aos pés do Monte Meda en Iria (Padrón) é sentir o aroma das flores e das árbores, o son dos animais, o tacto das pedras… que el narrou a través da palabra: 

El cielo es blanco y transparente. El tránsito del sol no se ve, se adivina. Los maizales crecen más altos que los hombres, y el mirto discurre en dibujos por el jardín, sombreando las fresas y las violetas, guardando sus caracoles, limitando la tibia hortensia atlántica, acunando los tallos de las dalias, prestándole vejez al guisante de olor que parece una aldeana recién lavada, robusteciendo la feble elegancia de la madreselva que parece una aldeana recién muerta. 

El naranjo es el árbol de adorno de los señores: ancestral, ventrudo y sin olivas. El magnolio es el árbol -secular, florecido y aromático- a cuya sombra los señores escriben las dos únicas cosas que merece la pena escribir: cartas de amor y ejecutorias. 

E podería seguir compartindo os seus escritos… 

Sobre todo isto queremos falar nas próximas tertulias clandestinas de Padrón o vindeiro mércores 18 de maio no lugar que el deseñou e creou, tamén de maneira consciente, para deixar o seu legado literario, e de vida… na Fundación Camilo José Cela. E a través da mirada de súa nai: Camila Trulock Bertorini, un papel que interpreta a actriz Ramona Golias. No sitio onde pasou esa infancia tan dourada e onde hoxe descansa, en Iria, porque como dixo en vida “morir no es desaparecer, sino perpetuarse y nutrir la misma tierra ubérrima que nos nutrió”.

Xa sabedes! Estades convidados a celebrar o Día Internacional dos Museos en Padrón na casa de Camilo José Cela… viviredes un momento máxico! Prometido! 

 

Scroll al inicio
Ir al contenido