Experiencias musicales
CARMEN e MAURIZIO
Disfruta de tempo en familia a través dunha experiencia musical…. con Carmen e Maurizio!
A Fraga de Pasacorrendo é un espectáculo de contacontos con cancións en directo para público familiar. Conta cunha parte didáctica en ABALAR (Contiños para despertar versos).
Carmen Penim é Licenciada en Filoloxía Hispánica e Doutorada en Educación. Pertence á Asociación de Executivas de Galicia, formando parte do programa Referentes Galegas, e foi nomeada Xuíza Honoraria do Couto Mixto no 2016 pola súa defensa do patrimonio inmaterial galego-portugués.
Carmen Penim e Maurizio Polsinelli comparten a música e a vida dende 2008 como dúo artístico. Grazas ao seu gusto pola poesía, descobren un universo en común rico en mesturas: a música clásica e o rock progresivo do italiano e o canto tradicional e o jazz da galega. Xuntos, editan catro álbums baixo o selo discográfico de 2naFronteira, malia que Maurizio tamén acompaña a Carmen nos seus proxectos en solitario. A partir de 2013, cando se establecen en Galicia, os seus traballos en conxunto contan co apoio das institucións galegas.
Procedente dunha familia romana de músicos, o avó de Maurizio tocaba o harmonio nas igrexas de Roma, tradición que el herdou. O seu pai foi profesor de guitarra clásica no conservatorio da capital italiana. Criouse nun ambiente cheo de influencias, ás que sumou na súa xuventude o rock co seu grupo Pane co que ten varios discos editados.
Datos técnicos:
Música ao vivo, infantil e familiar.
Galego.
Duración: 35 a 45 minutos.
En exterior ou interior.