Camilo José Cela: 30 anos da concesión do Premio Nobel

A literatura é unha ferramenta que nos conduce á liberdade...

Foron as palabras coas que se refería a Camilo José Cela a escritora María Canosa, condutora do acto de conmemoración do 30 aniversario da concesión do Premio Nobel a Camilo José Cela que tivo lugar o pasado 10 de decembro 2019 na  Fundación PG Camilo José Cela.

Nobel-Camilo-Jose-Cela
Foto do Concello de Padrón 

Un evento que intentou achegar os momentos vividos 30 anos atrás por diferentes persoas cercanas ao autor e que puideron contar una serie de historias que envolveron aquela viaxe dende Padrón a Estocolmo e aquela Gala de entrega do galardón.

O momento máis emotivo do evento foi cando se proxectaron vídeos con entrevistas realizadas no seu día a algunhas das persoas que se trasladaron a Estocolmo dende aeroporto de Lavacolla…  Ai aquelas baldosas verdes, testemuñas de tantas despedidas… quen non se lembra?!

Entre as anécdotas que contaron os entrevistados, puidemos escoitar que foron ben provistos de augardente da terra!! Parece que houbo queimada!! Feito que constataría minutos máis tarde Xurxo Fernández, xornalista de El Correo Gallego (enviado especial á entrega do galardón) e que formou parte da tertulia que pechou a velada.

Nobel-Camilo-Jose-Cela
Foto do Concello de Padrón

Outros participantes deste coloquio foron  Pedro Calvo-Sotelo, daquela agregado cultural á Embaixada de España en Suecia que comentou como foi a comunicación a Cela de que era o galardoado co Nobel naquel ano. Jesús Villamor, daquela alcalde da vila de Padrón falou do próximo que era Don Camilo cos seus paisanos… nada que ver co que transmitía no seu rol de persoeiro oficial.

Grandes momentazos que puidemos gozar os asistentes… lembrando o que estaríamos a facer aquel 10 de decembro do 1989; e soñando como sería aquela Gala en Estocolmo onde un padronés recibía o Premio Nobel.

Ata o próximo Latexo!

Scroll al inicio
Abrir chat
1
Latexos de Turismo
Hola
¿En qué podemos ayudarte?
Ir al contenido