Fin do camiño… novo rumbo.

Camino_SantiagoSon momentos duros no eido profesional e persoal, etapa de transición para cambiar o rumbo da miña vida do que pronto falarei públicamente. Estes días, estou contenta, pero triste.  Posiblemente, do mesmo xeito que se sinten os peregrinos do Camiño de Santiago cando chegan a Compostela. Alegres por ter chegado á súa meta, pero tristes porque esa aventura, esa rutina do día a día, rematou.

Así me sinto eu estes días. Tras meses de investigación sobre as novas tendencias e maneiras de peregrinar a Compostela, chegou o momento de concluir. Foron días enteiros de análise de medios sociais: páxinas de facebook, contas e HT de twitter, foros… pero o máis fascinante foi a lectura dos diarios dos peregrinos. Momentos únicos cheos de emocións: tristura, retos, penas, choros, ledicia, morriña… fixeron que pasase momentos de auténticas risas (hai cada un…) e tamén que soltase algunha que outra bágoa. Nada recomendables esas lecturas se non pensades facer o Camiño…

Horas e horas lendo os grandes investigadores do Camiño de Santiago, Xosé Santos, Rubén Lois, Collins-Kramer, Antón Sousa, algúns, tan lonxe e tan preto. Un campo no que é complicado poñer fin, porque hai moreas de bibliografía para ler. Descubrimentos diarios… un persoeiro do máis intrigante… Paco Castro Miramontes. Lendo algún dos seus relatos, é imposible non sentir a chamada do espírito do Camiño… queredes probar? (co seu permiso)

La espiritualidad es como el viento que nos envuelve: no lo vemos, no somos capaces de atraparlo y sin embargo, es, está y nos acaricia. ¿Qué peregrino no tiene experiencia de la bendición de la brisa en la tórrida jornada de calor? ¿Qué ser humano no tiene la experiencia de apropiarse de cada instante del oxígeno que vivifica? Pues así, de igual manera que el oxígeno es necesario para la vida del organismo, también la espiritualidad, en ciertas dosis, es imprescindible para el equilibrio y la armonía de la persona, para no ahogar en nuestro interior

Paco Castro (2006)

Tamén houbo momentos de desesperación facendo as enquisas, grazas á colaboración de xente que aportou o seu gran de area a esta investigación e me botou unha man. Foron meses que lonxe de seren duros, estiveron cheos de descubrimento, non foi traballar. Grazas ó gran guía e titor que soubo sempre guiarme e orientarme e con moita paciencia; coma as frechas amarelas no Camiño, así foi o Dr. Profesor Xosé Santos para min.

Este traballo de investigación, forma parte do Maestrado de Turismo da USC; do cal aproveito a falar, e recomendar a toda persoa que poda facelo. Foi unha auténtica experiencia poder compartir unhas horas de clase con grandes expertos en diferentes materias coma Xosé Santos, Miguel Pazos, Rubén Lois, Eduardo Sánchez Dávila, Leandro Benito, entre outros. Todo sacrificio que puido supoñer asistir ás clases, mereceu a pena. Non podería contar todo o que aprendín estes meses pasados.  Obxectivo conseguido. Agora toca pensar en novos rumbos.

Como reflexión persoal a todo isto… non se pode entender que a día de hoxe habendo as investigacións e estudos que hai sobre o Camiño de Santiago e capacidade de carga en espazos… e tendo a estes expertos tan preto (e tan lonxe para algúns), se permita a turistificación, intrusismo, inseguridade, e outros moitos problemas que está a  padecer o Camiño, e que estes días están a ser titulares na prensa.

Non che aprendemos nadiña…

Grazas a tod@s os que de alguna maneira, fóstedes a miña frecha amarela estes meses.

Vémonos no Camiño! Ultreia! Bo camiño!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.