13 xeitos de saborear Padrón coa nova edición de #SaboreaPadrón

Este ano como novidade… tapa infantil… que sen dúbida comeremos nesta casa

Por onde comezamos? 

Cando? Fin de semana do 23 ao 25 de outubro e a fin de semana do 30 de outubro ao 1 de novembro.

Onde? Establecementos participantes: ‘O Piorno’, ‘Panadería San José’, ‘O secreto’, ‘O secreto do viño’, ‘Chef Rivera’, ‘Ruta Xacobea’, ‘Café Cultural Airiños’, ‘Restaurante O Santiaguiño’, ‘Retro Visor’, ‘Cafetería Bámbola’, ‘Alpendre’ e ‘Café Século XX’. E as propostas gastronómicas destes establecementos son ‘O segredo do cocho’, secreto ibérico a baixa temperatura con pemento asado e redución do seu xugo con salsa de soia; ‘Miudiños de outono, doce de biscoito elaborado con castañas, noces e cacao; ‘Osiños do Samaín’, rosquillas en forma de oso; ‘Algo máis que calamares’, montadiño de calamares; lacón con grelos e queixo, mini burguer de lacón con grelos e queixo; ‘Cocido ben peregrino’, roupa vella sobre puré de fabas, grelos salteados, tella de pataca e aceite de chourizo; ‘Peregrinator’, lasaña de outono; ruliño de castaña, filloa rechea de espinacas, lacón e queixo de Arzúa con compota de mazá; ‘Traslatio Toast’, tosta con cebola caramelizada, rulo de cabra, tomate, marmelada e abanico Ibérico; ‘Sabores do Camiño’, bacallau frito na cuncha da vieira con pataca, crocante e cebola caramelizada, pemento en po e aroma de perexil; ‘Vieiriña’, follado recheo de crema con vieira, ourizos e algas; ‘Obradoiro’, carrillera de porco criado con castañas no seu xugo con patacas estofadas; e ‘Atípico’, solombo de porco con salsa de froitos vermellos.

Canto? 2 euros

Que hai? Concurso: Todas as persoas que participen co seu voto na elección da mellor tapa, entrarán nun sorteo de varios vales para consumir ou ben no establecemento gañador ou nalgún dos outros locais. Para poder participar, os usuarios terán que conseguir, en primeiro lugar, un ‘pasaporte’, é dicir, o documento no que terán que selar a degustación de polo menos tres tapas que pode recollerse na oficina de Turismo ou en calquera dos establecementos participantes.

Actividades:

  • I Concurso de deseño de cabazas, cabaciñas ou cabazóns
    Mercadillo: Artesanía, Antigüidades e Coleccionismo

Información ampliada na web: www.saboreapadron.padron.gal