Novo foro de Proturga na vila termal de Cuntis

Queremos compartir este evento organizado pola asociación de turismo da que formamos parte, PROTURGA

O venres 29 de marzo terá lugar na vila termal de Cuntis o VI Foro Proturga coa temática O turismo termal como dinamizador de destinos. Análise do interior de Galicia.

Coa premisa de que Galicia é a comunidade líder no estado español en canto á oferta mineromedicinal o evento desenvolverase durante o día con diferentes relatores vencellados ao mundo do termalismo: expertos ecadémicos, empresas especializadas, técnicos de turismo, representantes de administracións e/ou de asociacions…

A asistencia é gratuíta pero é preciso inscribirse. Podedes consultar toda a información seguindo esta ligazón.

Por alí nos vemos!