Samaín en terras do Ullán e Compostela…

Samaín-Ullan-Pontecesures

Cartel de promoción del Samaín, propiedad del Concello de Pontecesures .

Son datas sinaladas nos calendarios. Os últimos días de outubro e primeiros de novembo todo se ve cor laranxa: moreas de cabazas decoradas, velas, disfraces, galletas… todo nos lembra que o Halloween, Samaín e día de Defuntos, están aquí.

Son datas que dan a benvida a un mes xeralmente triste; de choiva en Galicia, gris. Pero iso non impide que nesas datas se celebren unha morea de actos, cada vez máis. Lembro con nostalxia a miña infancia… non existía nada disto; só o rito cristiá de asitir á misa de Defuntos o 2 de novembro (non o día 1 como apuntan varios medios). Como cambiaron os tempos! Chegou un día, no que, influenciados pola cultura estadounidense, aquí en Galicia se falaba de Haloween, de truco o trato… máis nos últimos anos, afortunadamente, en cada vez máis sitios se fala do Samaín ou Samhaín. Inda que os actos que se celebran son os mesmos e teñen a mesma orixe, mellor poñer o nome de orixe celta, ou non? O Samaín é unha festividade de orixe celta, festa de transición dun ano a outro, asociada a movementos paganos e non cristianos. Buscando información fiable, atopei este artigo de Piragüilla onde se describe moi ben todo o tema do Samaín, Halloween e Defuntos. Tamén estes días se publicaban varios artigos en prensa reivindicando que se use Samaín, e non Halloween.

Este ano, en case todas as áreas se están facendo actividades. Son moitos os xornais, guías dixitais… que se fan eco diso. En Compostela, o día 29 de outubro organizábase unha visita guiada un itinerario didáctico ao Cemiterio de Boisaca, da man dunha historiadora. Parabéns pola iniciativa! Pero outra actuación que me chamou a atención, foi a do concello veciño de Pontecesures, no que están a traballar duro para dinamizar a cultura do pobo; e que afortunadamente, ese esforzo se ve reflexado na boa acollida que están tendo as iniciativas entre a poboación local. Como se pode ver no cartel que se xunta, na súa pequena pero acolledora praza de abastos de Pontecesures, había unha colección de cabazas decoradas, velas, e un ambiente realmente… terrorífico!!

A miña reflexión, é a seguinte. Dous exemplos de boas prácticas de turismo necrolóxico e de celebración popular. Por un lado a visita a cemiterios colle cada vez máis forza no mercado turístico, sobre todo nestas datas, asistindo a unha demanda crecente dese tipo de actividades. O Samaín é algo vencellado á nosa cultura, ás nosas orixes, onde Galicia ten moito que dicir.  Existen celebracións en varios territorios de Galicia entre o 30 de outubro e o 2 de novembro. Estamos ante un recurso cultural con potencial de ser convertido en produto turístico? Desestacionalizador, endóxeno, arraigado no pobo galego, e con demanda. Hai que pensar…ou non?

Ata o próximo latexo!