Cita co Turismo e as Redes Sociais

Setembro vén cargado de novidades… Para empezar, ou mellor dito, rematar o mes, temos unha cita importante sobre o turismo e as redes sociais en Ferrol o vindeiro 26 de setembro.

Turismo y Redes Sociales Ferrol

Foro Unirede Ferrol

Falamos do Foro Unirede que se celebrou o ano pasado en Santiago de Compostela, e se volve a celebrar este ano o 27 de outubro; ide anotando na axenda…  Pois neste 2012 como unha das novidades farase anteriormente unha sesión en Ferrol de soamente unha tarde;  iso sí, completiña e sen custo algún para os interesados en ir. Simplemente hai que facer inscrición. Podedes consultar toda a información no seguinte enlace: http://forounirede.com/ferrol/

Dende este blog recomendamos a asistencia  a toda@s os interesad@s nas redes sociais, pois durante a xornada trataranse casos da nosa comunidade de verdadeiro éxito en turismo como son:

– Fran e Merchi dos apartamentos Rodeiramar2A que nos falarán de cómo o uso das redes sociais lles axudou a posicionar no mercado Rodeiramar2A. Probade a escribir Rodeiramar2A en google e veredes…

– Nicolás Álvarez editor de aeronoticiario SCQ,  web do aeroporto de Santiago de Compostela que nos contará como naceu o  seu blog.

– Ángel Téllez, CEO de Stabri o boneco viaxeiro de Galicia. Falaranos de como o uso das redes sociais fai posible que Stabri percorra o mundo pasando de man en man…

– PROTURGA, Asociación de Profesionais de Turismo de Galicia, que nos farán unha análise do uso das redes sociais por parte dos axentes turísticos na Comarca Ferrol-Ortegal.

Tamén estarán os seguintes compañeiros que nos falarán sobre os temas: David Saavedra saúde2.0Ruth Ríos con marketing e Marca, e Antonio Reyes de Premir con formación en Community Management.

Non quero rematar este Post sen nomear á “alma” do evento… Arantxa Serantes, e ó responsable do blog e redes sociais, Fidel Martín.

Xa sabedes, a anotarse rapidiño que hai aforo limitado…! Vémonos por alí compañei@s!