Nova páxina web para a Ruta Rosaliana «As Pegadas de Rosalía!

Recentemente presentouse a web da Ruta Rosaliana «As Pegadas de Rosalía» creada por Latexos de Turismo e Galicia Es Más.

Os Concellos de Ames, Brión, Padrón e Santiago acaban de poñer en funcionamento a páxina web da ruta cultural “As pegadas de Rosalía”. Mediante esta acción búscase que os usuarios poidan acceder de forma directa e fácil a información detallada sobre a ruta rosaliana, así como dar a coñecer as últimas novas e iniciativas organizadas arredor da propia ruta.

A web www.rutarosaliana.gal, que xa está dispoñible en galego, español e inglés, tamén acolle a versión actualizada da aplicación Contorna 360, que permite realizar un percorrido interactivo e panorámico polos distintos lugares que artellan o roteiro.

O itinerario “As pegadas de Rosalía” da un paso máis para achegar a vida de Rosalía a toda a poboación coa posta en marcha da páxina www.rutarosaliana.gal. O obxectivo desta nova plataforma é facilitarlle aos usuarios e usuarias o acceso a toda a información referente á ruta rosaliana, ao tempo que fai un percorrido polos principais puntos da ruta con información detallada de cada un deles e imaxes para ilustrar o itinerario.

Cunha interface clara e intuitiva, a páxina web dalle a benvida ao visitante a través dun inicio composto por unha sucesión de imaxes extraídas das visitas teatralizadas organizadas seguindo a ruta, acompañadas por distintas frases que Rosalía de Castro adicou a algúns dos lugares que se visitan. Asemade, a pestana Ruta Rosaliana ofrece unha breve explicación sobre a vida da poeta e o que supuxo a súa figura na cultura galega, así como unha introdución á ruta seguindo as palabras do intelectual Avelino Abuín de Tembra.

A través da páxina tamén se ofrece unha ligazón para acceder ao programa Contorna 360, un percorrido web interactivo polos distintos lugares que vertebran a ruta. Cada un destes emprazamentos conta cunha visión panorámica do lugar, así como a localización de cada punto na ruta, fotos e información sobre o papel que ese lugar desempeñou na vida de Rosalía. Por outra banda, ao premer nas pestanas No teu peto e Recursos, as persoas que accedan á paxina poden descargar material de interese como mapas, folletos informativos e logos do roteiro.

En Novas ofrecese a última información referente “As pegadas de Rosalía”, así como as iniciativas que xorden ao abeiro do proxecto, e mesmo galerías de imaxes con fotografías das distintas visitas teatralizadas que se realizan seguindo a ruta. Por último, a web tamén ofrece a posibilidade de poñerse en contacto coa organización desta iniciativa mediante un cuestionario de contacto, habilitado para facilitar a posibilidade de consultar posibles dúbidas ou transmitir calquera tipo de cuestión referente á ruta rosaliana.

Nota de prensa publicada polo Concello de Ames


Presentación da Ruta Rosaliana en Galicia

O día 22 de marzo do 2018 presentouse aos medios de comunicación de Galicia a Ruta Rosaliana, tras ser presentada en Fitur 2018.

Como novidade, a adhesión do Concello de Santiago de Compostela, polo que son catro, os concellos integrantes deste itinerario turístico – cultural.

Como primeira acción de consolidación da ruta, os catro concellos organizan un evento para o día 26 de marzo: «As Rosalías da Vida». «As Pegadas de Rosalía», novo itinerario da Ruta Rosaliana promovido e deseñado por Galicia es +. 

ruta-rosaliana-galicia

A Ruta Rosaliana “As Pegadas de Rosalía”:

A Ruta Rosaliana “As Pegadas de Rosalía” toma como referencia a ruta deseñada polo intelectual Avelino Abuín de Tembra e está concibida para que os usuarios poidan percorrela de xeito inmediato en coche individual ou en autobús; e a medio-longo prazo contémplanse as liñas de traballo de deseñar itinerarios para realizar esta ruta en bicicleta ou a pé. Para iso, contan cun folleto e dun mapa que se poden descargar en PDF, así como dunha contorna web 360ruta-rosaliana-galicia

Trátase dun itinerario circular que sae da Praza de Vigo (Santiago de Compostela), e chega ao Panteón de Galegos Ilustres en Santo Domingo de Bonaval, no mesmo concello;  pasando por lugares como San Xoán de Ortoño (Ames), a igrexa de Bastavales (Brión), a colexiata de Iria Flavia (Padrón), o Pazo de Arretén (Padrón) e a Casa de Rosalía de Castro (Padrón).

«As pegadas de Rosalía» é un novo produto turístico e cultural que responde ás actuais demandas dos viaxeiros, como son a busca de inmersión en destino, o respecto á identidade do territorio, o contacto coa poboación local ou a protección do medio ambiente, entre outras. Cúmprese así o dobre obxectivo de sensibilizar a poboación local de Galicia achegando a figura dunha Rosalía viva; e mais o de dar a coñecer esta autora aos viaxeiros que chegan á nosa terra.

Noticias relacionadas: Concello de Ames

Promoción da Ruta Rosaliana

Este novo produto foi presentado en Fitur 2018, no stand da Axencia de Turismo de Galicia ao que acudiron varios profesionais do sector que xa mostraron interese na súa comercialización. Seguindo as liñas de promoción, os tres concellos fundadores (Ames, Brión e Padrón) e o Concello que agora se incorpora, Santiago de Compostela, organizan un evento para o día 26 de marzo, coincidindo co Día Mundial de Prevención contra o Cancro Uterino; enfermidade pola que morreu a protagonista, Rosalía de Castro.

“Rosalías da Vida”

O luns 26 de marzo na Casa Museo Rosalía de Castro en Padrón, a partir das 18.00 h. celebrarase este evento. Haberá dous pases de visitas teatralizadas á Casa Museo, ás 18.00 h e ás 19.00 h.; con inscrición previa por haber prazas limitadas (646593319 ou turismo@padron.gal); deseguido ás 20.00h. unha mesa redonda aberta aos asistentes con relatoras indentificadas como “As Rosalías da Vida”que representarán a todas esas mulleres que se senten “un pouco Rosalías”. Este último acto aberto ao público ata completar aforo.

as-rosalias-da-vida