Latexos de Cool-Touring

Presentacion-Cool-Touring-Compostela

Fuente: Foto Presentación de Cool-Touring.

Boas novas para o Turismo na cidade de Compostela. Hai unhas semanas me enterei a través do blog de  Manuel Gago  da presentación dun novo proxecto empresarial na cidade de  Santiago de Compostela; as audioguías de Cool-Touring. Pareceume unha idea moi interesante e decidín ir á presentación. Cal foi a miña sorpresa que ese día había unha morea de caras coñecidas… a pesar de que o tempo non acompañou nada, nada… Ata viñeron os compañeiros de Rodeirmar2A dende Cangas!

Como todos os domingos dende hai uns meses, o pasado 24 de Xuño sintonicei a Radio Galega ás 13:00 horas  para escoitar o programa “Come e Fala”  e alí estaba José Manuel García falando con Montserrat e Xosé da empresa Cool -Touring polo que puiden ampliar a información que tiña sobre esta iniciativa.

Fago un resumo do que nos contaron no  Come e Fala. Estes dous emprendedores,  guías oficiais de Galicia decidiron levar adiante a idea que tiñan, apoiados dende o primeiro por xente como o coñecido Manuel Gago. A súa filosofía é sacar proveito das novas tecnoloxías sen perder o contacto coas persoas…. Estas audioguías están pensadas para persoas que veñen de fóra (turistas) ou mesmo para os cidadáns de Compostela e arredores.

Hai 3 tipos de rutas: gastronómica, cultural e de curiosidades. Na gastronómica propoñen sitios para ir a tomar algo ou pedir unhas racións; e na ruta das curiosidades falan dos aspectos de Compostela que non están recollidos en ningunha guía: a historia viva da cidade. Pódense alugar  en 4 idiomas: galego, castelán, inglés e italiano. Tamén están dispoñibles para descargar en smartphone.

Tal e como nos contaron, ampliarán as rutas pola cidade e incluso levarán a iniciativa a outras cidades. Polo que dende aquí lles desexamos moita sorte nesta nova andaina  e lles damos os parabéns pola iniciativa. Xa sabedes, a coñecer a Compostela Profunda con Cool -Touring! Información no seu blog: http://cool-touring.com/

2 thoughts on “Latexos de Cool-Touring

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.